quinta-feira, 25 de março de 2010

Galiza Nova chama á mobilización masiva na defensa do naval

·  A  organización  xuvenil  do  BNG  amosou  nun  comunicado  o  seu  'apoio
total' á mobilización convocada pola Plataforma Rumbo21


· A Dirección Nacional de Galiza Nova arroupará á comarca de Ferrolterra

Galiza  Nova,  organización  das mocidades  do  BNG,  vén  de manifestar  o  seu
apoio  'total  e  sen  condicionantes'  á  mobilización  convocada  polo  Plataforma
Rumbo21.

'O sector naval é un dos  focos máis importantes da nosa actividade industrial e
unha  peza  clave  no  desenvolvemento  social  e  económico  da  comarca  de
Ferrolterra'  sinalou  Iago  Varela,  Responsábel  Comarcal  de Galiza  Nova.  “Por
iso,  esiximos  a  volta  á  construción  naval  de  Astano,  para  que  as  súas
instalacións sirvan para construír, transformar e reparar barcos' engadiu.

Dende  a  organización  nacionalista  lembran  que  'a  defensa  do  naval  é  unha
reivindicación  histórica  de Galiza Nova nesta  comarca', polo que esta  semana
están  a  desenvolver  unha  intensa  campaña  informando  sobre  o  seu
posicionamento e  repartindo pegatinas co  lema  “Ferrolterra ZP: Zona Puteada.
Defendamos o sector naval'.

'Facemos un chamamento á mocidade da comarca a participar masivamente na
manifestación do  sábado', concluíu  Iago Varela, quen  lembrou  a   participación
no  acto  da  Dirección  Nacional  de  Galiza  Nova,  encabezada  pola  Secretaria
Xeral, Iria Aboi.

quinta-feira, 18 de março de 2010

Recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular

Tras o rechazo da ILP pola Mesa do parlamento Queremos Galego procederá á recollida de sinaturas par esixir que se “garantan os dereitos lingüísticos dos cidadáns na súa relación coa Administración e co ensino”. Temos garantido que o texto chegará a se discutir no Parlamento Galego en base ao compromiso do BNG de o trasladar como unha súa iniciativa.



Na nosa comarca arrancamos esta recollida de sinaturas o vindeiro mércores 24 ás 6 do serán fronte ao edificio da Xunta. Participarán todas as asociacións integrantes da plataforma na comarca, incluída Galiza Nova.

domingo, 14 de março de 2010

Concentación luns 15 da Plataforma QUEREMOS GALEGO!

Onte, sábado día 13 de marzo, a Consellería de Educación da Xunta presentou o decreto do galego no ensino. O mesmo día, ás 11.30, Queremos Galego convocou unha concentración en San Caetano, e realizaranse tamén concentracións comarcais mañá luns 15 ás 8 do serán. En Ferrol será fronte ao edificio da Xunta, na Praza de España.




O material do 8 de marzo chegou á nosa comarca con retraso, pero será repartido nas vindeiras semanas.