sábado, 16 de janeiro de 2010

Pegada de cartaces diante da Xunta

Galiza Nova continúa informando sobre a manifestación do vindeiro xoves 21 na Alameda de Compostela.

Hoxe ás 17 h, está programada unha pegada de cartaces diante da Xunta. Este acto será coordinado por Carlos Outeiro, Voceiro da plataforma Queremos Galego, e constituído por organizacións da mocidade que apoian a folga (Galiza Nova, Xuventudes Socialistas de Galicia, Comités e Mocidade pola Normalización Lingüística).

Participarán Iago Varela, Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Mateo Verdeal, Responsábel dos Comités en Ferrol, Xiana Rico, Responsábel da Mocidade pola Normalización Lingüística e Julián Reina, Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas en Ferrol.

Lémbrovos que o material de Galiza Nova chamando á folga baixo o lema de Nas aulas de Galiza, queremos galego será distribuído esta semana por toda a comarca.

quinta-feira, 14 de janeiro de 2010

Paremos o decretazo contra o galego!

A responsábel local de Galiza Nova Valdoviño participou onte nunha reunión convocada pola plataforma Queremos Galego para tratar o tema da folga no ensino do día 21. Neste acto participaron diversas entidades e profesionais da docencia (CIG, Comités, Coordenadora de ANPAS de Ferrolterra, Coordenadora de ENL de Ferrolterra, Representantes na Xunta Provincial de Directores/as de primaria e secundaria de Ferrolterra, STEG, Xuventudes Socialistas de Galicia e Galiza Nova) co obxectivo de chegar a un posicionamento común entre todos eles.


Entre esta semana e a próxima repartirase material por toda a comarca chamando á manifestación, que será o vindeiro xoves 21 ás 11.30 da mañá, saíndo da Alameda de Compostela.

Haberá autobuses de balde dende distintas comarcas. Na nosa sairá un do teatro Jofre ás 10 h (981 35 87 50) e voltará de Santiago ás 14 h. Tamén sairá un d'As Pontes (do local da CIG) ás 9.30 h, parando en Pontedeume (981 45 15 10).

 


Este decreto ímolo tombar!

 


sexta-feira, 1 de janeiro de 2010

Galiza Nova participou no envío de postais a Feijóo e na concentración do 30 de decembro

Galiza Nova participou o martes 29 no envío masivo de postais ao presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, nun acto convocado pola plataforma Queremos Galego.


Fran Rei e Carlos Outeiro, voceiros da Plataforma, fixeron entrega das máis de 700 postais reivindicativas na oficina central de Correos.



Galiza Nova participou tamén o mércores 30 na concentración que tivo lugar ás 17.00h na Praza do Obradoiro.

A pesar de ser organizada con tan pouca antelación, a manifestación en resposta ao novo decreto do ensino contra o galego tivo máis participación da esperada.

O próximo movemento é unha folga xeral no ensino o 21 de xaneiro, convocada pola plataforma Queremos Galego, á que Galiza Nova Valdoviño non faltará.