quinta-feira, 25 de março de 2010

Galiza Nova chama á mobilización masiva na defensa do naval

·  A  organización  xuvenil  do  BNG  amosou  nun  comunicado  o  seu  'apoio
total' á mobilización convocada pola Plataforma Rumbo21


· A Dirección Nacional de Galiza Nova arroupará á comarca de Ferrolterra

Galiza  Nova,  organización  das mocidades  do  BNG,  vén  de manifestar  o  seu
apoio  'total  e  sen  condicionantes'  á  mobilización  convocada  polo  Plataforma
Rumbo21.

'O sector naval é un dos  focos máis importantes da nosa actividade industrial e
unha  peza  clave  no  desenvolvemento  social  e  económico  da  comarca  de
Ferrolterra'  sinalou  Iago  Varela,  Responsábel  Comarcal  de Galiza  Nova.  “Por
iso,  esiximos  a  volta  á  construción  naval  de  Astano,  para  que  as  súas
instalacións sirvan para construír, transformar e reparar barcos' engadiu.

Dende  a  organización  nacionalista  lembran  que  'a  defensa  do  naval  é  unha
reivindicación  histórica  de Galiza Nova nesta  comarca', polo que esta  semana
están  a  desenvolver  unha  intensa  campaña  informando  sobre  o  seu
posicionamento e  repartindo pegatinas co  lema  “Ferrolterra ZP: Zona Puteada.
Defendamos o sector naval'.

'Facemos un chamamento á mocidade da comarca a participar masivamente na
manifestación do  sábado', concluíu  Iago Varela, quen  lembrou  a   participación
no  acto  da  Dirección  Nacional  de  Galiza  Nova,  encabezada  pola  Secretaria
Xeral, Iria Aboi.

Nenhum comentário: